domingo, 31 de mayo de 2020

 As Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, din o seguinte, no punto 2:

2. Probas finais e avaliación final
2.1 Os centros educativos non poderán realizar probas de modo presencial ao
alumnado. Aqueles centros que tiveran previsto a realización de probas
presenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para
superar as materias pendentes ou con avaliación negativa, só poderán realizalas
de modo non presencial, polo mesmo mecanismo co que cada centro se viñese
comunicando co seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensino-
aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial. Se os docentes o
consideran oportuno, as probas poderán ser substituídas pola realización de
traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva do alumno ou
alumna.

- Examen Xuño para alumnos con 1ª e 2ª avaliación suspensas:
deberan realizar os traballos expostos anteriormente por cada unha das avaliacións (entrega telemática). Cada unha das avaliacións a recuperar terá que ser superada independientemente, acadando unha nota media maior ou igual a 5 en cada unha delas. De ser así, estas notas farán media entre sí, e esta media será a cualificación final da materia. Data límite para presentación de traballos o 19 de xuño. Indicando no Asunto os datos xa explicados anteriormente noutras entradas.

- Proba extraordinaria de setembro Deberá presentarse aquel alumnado que non acadase os estándares de aprendizaxe e competencias mínimos esixidos en xuño e/ou, non obtivese, tras a realización das actividades de recuperación, unha nota media igual ou superior a 5. O exame consistirá nunha única proba teórica sobre a totalidade dos contidos correspondentes as dúas primeiras avaliacións. Son os seguintes, tal e como se recolle na Programación Didáctica

UD1. O proceso de comunicación audiovisual.
UD2. A imaxe. Elementos e composición.
UD3. Lectura e interpretación da imaxe.
UD4. A imaxe fixa.
UD5. Técnica fotográfica.
UD6. A fotografía. Evolución hª e estilística.

A data e hora é o XOVES 3 DE SETEMBRO, ÁS 10:00. Duración da proba teórica hora e media.

- Alumnado de materia pendente O alumnado que non superou as probas de recuperación que tiveron lugar durante o curso académico, deberá realizar un examen teórico ca materia dos contidos correspondentes á todo o curso, na convocatoria extraordinaria de setembro.

A proba farase o dia mércores 2 de setembro as 11:30 h, cunha duración de hora e media.


ESTAS CONDICIÓNS PODERÁN VARIAR EN FUNCIÓN DAS DIRECTRICES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.