NORMAS DE UTILIZACIÓN E DE ACCESO ÓS COMPUTADORES Ó LONGO DO CURSO
ACCESO ÓS COMPUTADORES
SISTEMA OPERATIVO LINUX:
O nome de usuario estará composto polo seu primeiro nome e o seu primeiro apelido. Exemplo: juanlopez (todo xunto e sen maiusculas. A clave de acceso deberá ser introducida posteriormente polo usuario)
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:
- Os ordenadores utilizaranse únicamente para elaborar traballos en clase ou consultar informacions relacionadas coa materia. En caso contrario se lles pode retirar o uso de forma provisional ou definitiva, en función da gravedade da falta.
- Os ordenadores deben apagarse durante as proxeccións audiovisuais ou a requerimento da persoa docente, así como ao finalizar as clases. Si algún de estes aparecese encendido despois do horario lectivo procederase á cancelar á conta do usuario e borrar todo o seu contido.
- Os ordenadores deben manter o sonido apagado na clase.
- Non se pode cambiar a configuración do ordenador nin instalar ningún programa sin a autorización do profesor. Para calquera deficiencia ou consulta deben dirixirse ao profesor da materia. Aconséllase gardar calquer documento ou información na rede, ou nun medio físico portátil (pen-drive ou tarxeta de memoria).
- Os ordenadores están conectados a INTERNET a través dunha conexión por cable que non se debe modificar. Calquera fallo na conexión debe comunicárselle ao profesor da materia.
- A persoa alumna é responsable do ordenador no tempo no que o utilice e farase cargo dos desperfectos que provoque.
Fdo: o alumno
NORMAS DE FUNCIONAMIENTO
FOTOGRAFÍA E VÍDEO
- O alumnado de Cultura audiovisual 1 deberán dispoñer dunha cámara de fotografía e/o vídeo para realizar os traballos prácticos que se van a expor ao longo do curso. Tamén poderán utilizar teléfonos móbiles, así como calquera outro medio que lles permita gravar imaxes e sons, sempre que as circunstancias aconsélleno e sempre baixo a supervisión do profesor.
- Os traballos de fotografía e vídeo presentaranse nun formato dixital, lexible e accesible a través de calquera computador, nos medios que se dispoñan (fundamentalmente Dropbox, Youtube ou similar) a través do acceso proporcionado polo profesor na aula. Se os traballos non son executables ou accesibles en calquera computador serán cualificados como non presentados.
ORDENADORES
- A aula de Cultura Audiovisual dispón de 30 computadores numerados consecutivamente do 195 ao 199 e do 201 ao 225.
- Cada estudante dispoñerá dun acceso propio, co seu nome de usuario e clave, soamente no computador asignado.
- En cada fila deben sentar 6 alumnos, por orde alfabética.
- O alumando que así o desexe poderá traer o seu propio computador portátil a clase e proporcionaráselle un acceso wifi na aula.
- Cada estudante deberá dispoñer dunha dirección de correo electrónico coa que deberá acceder aos servizos da internet.
TEORÍA
- Cada estudante deberá recoller os apuntamentos ditados na clase, así como os traballos elaborados, nun documento dixital en formato texto.
- Estes apuntamentos servirán de base para as probas teóricas da materia que se realizarán cada trimestre.
- Estes apuntamentos poderán completarse con información (en formato texto, audio, imaxe fixa ou vídeo) que se extraerá da internet ou a través de calquera outro medio informático.
CARTAFOL DE TRABALLOS
- O alumnado de Cultura audiovisual 1 deberán dispoñer dun cartafol de argolas ou similar na que presentarán As FICHAS DE ANALISIS AUDIOVISUAL e os TRABALLOS que se exporán ao longo do curso.
- Dito cartafol debe ser exclusiva para a materia e estar identificada claramente na súa portada co nome da materia e do estudante, xunto co seu curso e número. Dita cartafol deberase presentar cada trimestre para a súa avaliación e será devolta con posterioridade a cada estudante.
- Tamén se poden presentar estes traballos encadernados ou nun cartafol de fundas, sempre que as páxinas estean claramente expostas e visibles dunha nunha. En caso de non cumprirse estas normas a persoa alumna pode ser cualificada negativamente pola súa presentación.
BLOG DE CULTURA AUDIOVISUAL
Existe un blogue propio da materia, onde se irá dando información puntual do avance e os temas que se explican en clase. Podédela ver en:
http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com.es
Para calquera comunicación co profesor da materia podedes dirixirvos a:
*pendente de actualización