CURRÍCULUM

CONTIDOS DA MATERIA CULTURA AUDIOVISUAL

1º TRIMESTRE

Bloque 1. Fitos e contemporaneidade da fotografía e do audiovisual. Formatos audiovisuais.

UNIDADE DIDÁCTICA 1: A fotografía e o cinema
  • Orixes da fotografía e do cinema: primeiros pasos nos avances tecnolóxicos e no establecemento das formas lingüísticas en ambos os medios.
  • Creación e evolución da fotografía e da linguaxe audiovisual.
  • Principais correntes en fotografía e cinema.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: O audiovisual na sociedade contemporánea
  • A diversidade nas manifestacións fotográficas e audiovisuais contemporáneas e do pasado. Medios de comunicación convencionais e Internet.
  • Principais formatos audiovisuais (curta, media e longametraxe de ficción, curta, media e longametraxe documental, serie, ensaio fílmico, formatos televisivos, videoclip, fashion filme, anuncio, vídeo educativo, vídeo corporativo/institucional, formatos asociados ás redes sociais etc. Aspectos formais máis destacados.
  • O audiovisual na sociedade contemporánea: medios de comunicación convencionais e Internet.

Bloque 2. Elementos formais e capacidade expresiva da imaxe fotográfica e da linguaxe audiovisual.

UNIDADE DIDÁCTICA 3: A linguaxe audiovisual e os medios técnicos
  • Plano, toma, ángulo visual e movementos físicos e ópticos de cámara. Tipoloxías e o seu valor expresivo.
  • Exposición, enfoque, encadramento, profundidade de campo, campo e fóra de campo.
  • Composición para imaxe fixa e para imaxe en movemento.
  • Retoque dixital.
  • Funcións da imaxe audiovisual.

2º TRIMESTRE

UNIDADE DIDÁCTICA 4: Iluminación e cor na fotografía e no cinema
  • Conceptos básicos sobre iluminación.
  • Simboloxía e psicoloxía da cor. Uso nas grandes obras de arte da fotografía e do cinema. Exemplos de aplicación en grandes obras do cinema e da fotografía.

Bloque 3. Narrativa audiovisual

UNIDADE DIDÁCTICA 5: Narrativa audiovisual. Contar historias a través das imaxes.
  • O guión literario. Fases de elaboración. Escena e secuencia dramática. A escada.
  • O guión técnico e o storyboard.
  • A posta en escena: localizacións, decorados (volumétricos e virtuais), caracterización, interpretación, iluminación, movemento.
UNIDADE DIDÁCTICA 6: As linguaxe da televisión e a publicidade
  • A banda de son: perspectiva sonora e posibilidades expresivas.
  • A montaxe e a posprodución. Evolución e gramática.
  • As linguaxes da televisión e a publicidade.

3º TRIMESTRE

Bloque 4. A produción audiovisual. 

UNIDADE DIDÁCTICA 7: A produción audiovisual. Equipos humanos e técnicos
  • Técnicas e procedementosEquipos humanos de traballo na produción audiovisual: dirección, produción, cámara/fotografa, son, arte, postprodución.
  • A distribución de tarefas na produción audiovisual: criterios de selección a partir das habilidades requiridas.
  • Fases de traballo: preprodución, rodaxe e postprodución.
  • Estratexias de selección de técnicas, ferramentas e convencións audiovisuais.
  • Medios técnicos de realización: cámara e accesorios, microfonía, equipo de iluminación.
UNIDADE DIDÁCTICA 8: A posprodución. Difusión dos contidos audiovisuais e avaliación.
  • Gravación do son, sincrónico e recreado.
  • Principais softwares de edición non lineal.
  • Difusión de contidos audiovisuais: redes sociais, salas comerciais, espazos de exhibición alternativos, festivais cine- matográficos en liña e presenciais etc. Protección de datos, propiedade intelectual e dereitos de autoría.
  • Técnicas e estratexias de avaliación das producións audiovisuais.