miércoles, 28 de septiembre de 2022

Regra dos tercios

Neste enlace podes aprender qué é a regra dos tercios e cómo aplicala con calqueira cámara fotográfica. 

Sigue as indicaciones do docente e cando remates sube os arquivos no cartafol correspondente.

1ºCD

1ºE

1ºF

1ºG



martes, 27 de septiembre de 2022

Simuladores de fotografía

Nestes enlaces que se poñen a continuación podes simular fotografías realizadas con cámara réflex dixital.

CANON OUTSIDE OF AUTO

Neste simulador podes experimentar cos parámetros do triángulo de exposición: diafragma, obturador e ISO. Ademáis ten un pequeno guieiro en inglés e máis unha serie de retos a conseguir en función destes parámetros. En inglés.

DOF SIMULATOR

Similar ó anterior pero algo máis completo podendo incluso escoller a montura e o obxectivo de marcas comerciais. 

NIKON LENS SIMULATOR

Con este simulador podes experimentar cómo varía o campo visual con diferentes obxectivos.

Agora xa tes algúns recursos para xogar coa fotografía aínda que non teñas cámara. 

domingo, 18 de septiembre de 2022

T1: ANÁLISE AUDIOVISUAL

Este traballo consiste en facer unha análise audiovisual dunha proxección da época dos inicios do cine. Para iso teredes que cubrir esta FICHA facendo previamente unha copia na vosa unidade de DRIVE premendo en INICIAR SESIÓN - ARCHIVO - HACER UNA COPIA


As proxeccións son as seguintes para cada grupo:
  • 1ºCD: Le voyage dans le lune
  • 1ºE: The great train robbery
  • 1ºF: One week
  • 1ºG: The vagabond
A entrega farase por medio da aula virtual seguindo as instrucións que alí aparecen







miércoles, 14 de septiembre de 2022

ACTIVIDADE TEATRO

Os profesores Carlos Calvete e Beatriz Fernández queren formar un grupo de teatro cos alumnos de 1º e 2º de BAC. 
Todas aquelas persoas interesadas en participar DEBEN ACUDIR o luns 19  de setembro, durante o recreo, ao Salón de Actos, para reunirse cos organizadores.

jueves, 8 de septiembre de 2022

T0: Traballo inicial

DESCRICIÓN

O primeiro traballo deste curso consistirá na elección de TRES IMAXES que representen algo da vosa personalidade, dos vosos gustos ou algo que vos defina.  

O tipo de imaxes que podedes escoller é libre: fotografías feitas por vós ou que saiades vós, o logotipo dun grupo de música que vos encanta, un solpor no lugar onde pasastes as mellores vacacións da vosa vida, o cartel do concerto no que coñecestes á vosa parella, unha fotografía da vosa comida favorita, unha imane do voso libro favorito ou do voso recuncho especial, etc... Cada persoa pode profundizar ata onde queira e compartir únicamente aquilo no que se sinta cómoda. 

FORMATO DE ENTREGA

Unha vez que teñades as imaxes seleccionadas teredes que unilas nun ÚNICO ARQUIVO PDF. Para iso podedes usar o aplicativo web www.ilovepdf.com usando a esta opción:

Co arquivo descargado en formato PDF teredes que nomealo do seguinte xeito:

clase - Primeiro apelido - Nome - Número de traballo

Exemplo:

Íñigo Montoya que cursa 1º de bacharelato E e entrega o traballo 0 tería que nomear o arquivo como:

1eMontoyaIñigoT0.pdf

ENTREGA DIXITAL

A entrega farase de xeito dixital clicando AQUÍ

EXPOSICIÓN

Unha vez se entreguen os traballos cada persoa terá que explicar en público de forma breve os motivos que lle levaron a escoller esas tres imaxes.

DATA LÍMITE

A data límite será determinada polo docente en cada grupo.

miércoles, 7 de septiembre de 2022

Benvida curso 2022-2023

Quero dar a benvida a todo o novo alumnado da materia Cultura Audiovisual 1 do IES Adormideras para este curso académico 2022-2023. Agardo que comecemos con moitas ganas esta nova etapa educativa na que vos incorporades. Ímos intentar aproveitemos esta materia para aprender cousas sobre a cultura audiovisual e todo o mundo que o rodea do xeito máis participativo e creativo posible. 

Escomezamos!


David Rodríguez