lunes, 24 de octubre de 2022

Convite ao obradoiro VIDEOCREACIÓN A PARTIR DE ELEMENTOS DA NATUREZA

Achegamos unha información que chegou ó centro por se é de interese do alumnado da materia:


Dende CORREVEYDILE convidamos aos seus estudantes a participar no obradoiro VIDEOCREACIÓN A PARTIR DE ELEMENTOS DA NATUREZA, impartido por Bego M. Santiago en Vilar de Barrio o domingo día 30 de outubro en horario de 12h a 14h e de 16h a 22h.

Bego M Santiago  é unha artista visual interdisciplinar, especializada no uso da luz como ferramenta pictórica e escultórica. O seu traballo explora a retroalimentación entre o real e o representado, a través de binomios como: real/falso, presenza/ausencia e orixinal/copia. Para ela, a luz é unha ferramenta de simulación e ilusión óptica capaz de dar vida a obxectos inanimados, difuminando os límites entre a realidade e a conciencia.
Nas súas obras utiliza todos os medios que lle ofrece a tecnoloxía, sen renunciar ás técnicas tradicionais, á pintura e á escultura.

O obradoiro que impartirá en RESIDENCIAS CREATIVAS NO CAMIÑO está dirixido a persoas interesadas no ámbito audiovisual, así como artistas e deseñadores que desexen iniciar ou reforzar os seus coñecementos de control de vídeo no espazo ou video-mapping. Esta técnica ten aplicacións prácticas no ámbito do cine expandido, a videoinstalación ou a escenografía audiovisual. Aínda que non é imprescindible, é recomendable ter uns coñecementos mínimos de edición de vídeo. Os participantes poderán presentar os seus proxectos durante o obradoiro a través do seu propio material a través de sketches, imaxes, vídeos, textos, etc.

Para máis información ou facer o rexistro na actividade pódese empregar o seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdNBFrqqJB5ELf2NMfjVuM8q7utOwWQFiz1vkVcHHSbVUywpA/viewform?usp=sf_link 


domingo, 23 de octubre de 2022

ENTREGA CONCURSO PEZAS AUDIOVISUAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

GRUPOS QUE ENTREGUEN A PEZA AUDIOVISUAL O LUNS 24 DE OUTUBRO

Para a entrega das pezas audiovisuais correspondentes ó concurso da consellería contra a violencia de xénero deberedes enviar o enlace por correo á seguinte dirección:

CORREO: david.antuna@iesadormideras.es

ASUNTO: Concurso 25N

MENSAXE: Deberedes indicar a seguinte información:

  • Título do vídeo
  • Clase
  • Nome dos integrantes do grupo especificando o rol que tiveron durante o proxecto e a clase
  • Enlace a unha plataforma onde se poida visualizar e descargar o vídeo (recomendable empregar as carpetas que tedes compartidas co docente en Google Drive)
  • Memoria breve, na que se explique como se realizou o traballo e, o máis importante, na que se expoña o significado que se procura transmitir a través da composición realizada (máx. 1000 palabras).

VIDEO: Terá que cumprir con todos os requisitos técnicos que veñen nas bases do concurso, concretamente no punto 4 e ademáis:
  • Orientación horizontal
  • Calidade recomendada 1080p (mínima 720p)
  • Extensión MP4

Unha vez recibidos todos os videos procederáse a seleccionar a peza que representará ó centro no concurso. 


GRUPOS QUE NON ENTREGUEN A PEZA O LUNS 24 DE OUTUBRO:

Poderán seguir elaborando o vídeo ata a data final de entrega que será o día 7 de NOVEMBRO de 2022

miércoles, 12 de octubre de 2022

Violencia de xénero (25N)

 Aquí vos deixo varios recursos para afondar no tema e para que saquedes posibles ideas para facer o vídeo do 25N, día contra a violencia de xénero.

LIGAZÓNS DE INTERESE


VIDEOS 





IMAXES ILUSTRATIVAS








domingo, 2 de octubre de 2022

T2: Fotografías reinterpretadas

DESCRICIÓN 

Neste traballo ímos realizar duas tarefas:

A: Escoller a unha persoa fotógrafa de recoñecido prestixio e levar a cabo unha pequena investigación sobre a súa vida e a súa obra.

B: Seleccionar unha das fotografías máis famosas da persoa escollida e reinterpretala usando para iso o contexto da persoa que realiza o traballo.

FORMATO

Deberá entregarse un único documento A4 en formato PDF do seguinte xeito:

  • Portada onde se indique: Nome e apelidos, clase, curso académico, nome da materia, título do traballo e unha imaxe ilustrativa.
  • Parte A: 1 páxina de extensión
  • Parte B: 2 páxinas de extensión
    • Fotografía orixinal e fotografía reinterpretada. 1 páxina
    • Valoración persoal sobre o artista e a interpretación que fixeches da súa fotografía. 1 páxina

ENTREGA

A entrega farase pola Aula virtual.

Data límite: 17 de outubro ás 23:59

Nome do arquivo:
clase - Primeiro apelido - Nome - Número de traballo
Exemplo: Íñigo Montoya que cursa 1º de bacharelato E e entrega o traballo 0 tería que nomear o arquivo como:
1eMontoyaIñigoT0.pdf

AVALIACIÓN

Parte A: 40%

  • Reseña biográfica 20%
  • Reseña artística 20%

Parte B: 40%

  • Interpretación da fotografía 20%
  • Valoración persoal 20%

Corrección nos formatos e a entrega: 20%

RECURSOS

Aquí tes algúns enlaces para coñecer a máis persoas fotógrafas de recoñecido prestixio:

CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación: Os traballos poderán realizarse  individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o 31  de outubro de 2022 (ás 15.00 h)

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
  • enderezo electrónico: premios25n.igualdade@xunta.gal

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.

Bases concurso 


Só se pode presentar unha traballo por modalide e categoría en cada centro:

Prazo de presentación dos traballos no IES Adormideras: ata o 24 de outubro de 2022 (ás 23:59 h)


https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38020