domingo, 18 de diciembre de 2022

T6: Colorín colorou

Elaboración dunha peza audiovisual na que o emprego da cor na narrativa siga algúns dos exemplos vistos nas sesións teóricas. 

Para a realización deste traballo o alumnado deberá ter especial coidado no emprego da cor segundo estes aspectos:

  • Psicoloxía da cor
  • Narrativa:
    • Combinacións cromáticas (monocromáticas, análogas, complementarias, triadas)
    • Significado (transicional, asociativo, discordante)

CONDICIÓNS:
  • O traballo poderá desenvolverse de forma individual ou en grupos de máximo 4 persoas.
  • A duración mínima é de 1 minuto e a máxima de 2.
  • Deberá aparecer o título da peza no inicio e os créditos ó final.
  • Nos creditos deberán citarse todos os participantes (xunto co rol desenvolvido) e os medios empregados (imaxes, música, etc.)
  • Só se poderán empregar medios audiovisuais libres de dereitos.
  • O programa recomendados para a edición son os que están dispoñíbles nos PC da aula (Shotcut, Kdenlive, OpenShot). Aceptarase o uso doutros programas sempre que non se vexa afectada a calidade e non aparezan marcas de auga.

TEMÁTICA:
  • 1ºCD: Adaptación dunha canción ou videoclip
  • 1ºE: Adaptación dunha banda deseñada
  • 1ºF: Adaptación dun clásico da mitoloxía
  • 1ºG: Adaptación dun fragmento dunha obra literaria

FORMATO E ENTREGA:
  • O formato de entrega será MP4 cunha calidade mínima de 1080p (1920x1080)
  • Cada persoa integrante do grupo deberá facer a súa propia entrega na aula virtual cos seguintes apartados, que deberán ser redactados directamente na aula virtual:
    • Título da peza
    • Relación dos integrantes do grupo e rol que desempeñou cadaquén.
    • Valoración persoal sobre o uso da cor na peza e a experiencia de realización da tarefa.
    • Ligazón ó arquivo subido a Google Drive
  • Data límite: Mediados de febreiro

AVALIACIÓN:
Formato e presentación: 2 puntos
Adaptación á temática e creatividade: 2 puntos
Emprego da cor: 5 puntos
Valoración persoal: 1 puntos

miércoles, 14 de diciembre de 2022

SUPER 8

 Temos no departamento de Artes Plásticas un proxector de video Super 8 similar a da imaxe.


O super 8 foi un formato de gravación de video e audio en película de celuloide de 8mm que tivo un grande éxito nos anos 60-80 do século pasado. Gran parte de éxito foi debido a que era moi sinxelo de utilizar polo que existen moitas cintas familiares gravadas neste formato. 

Se algún estudante da materia de Cultura Audiovisual ten unha cinta deste tipo na casa pode traela para proxectala durante a última de semana de clases antes das vacacións de Nadal.