jueves, 25 de mayo de 2023

RECUPERACIÓN ORDINARIA

 Unha vez rematadas todas as actividades avaliables, as persoas que non teñan o curso aprobado terán unha nova data para:

  • Entregar os traballos con nota inferior a 5 das avaliacións suspensas
  • Facer o exame únicamente das avaliacións suspensas

ENTREGAS DE TRABALLOS: (todos os grupos)

  • MARTES 30 de MAIO ás 23:59

EXAMES:

  • 1ºCD: Xoves 1 de Xuño
  • 1ºE: Xoves 1 Xuño
  • 1ºF: Mércores  31 de Maio
  • 1ºG: Mércores  31 de Maio

Moito ánimo que xa non queda nada

jueves, 18 de mayo de 2023

T11: Animación dixital

Este traballo consiste en facer unha pequena iniciación ó modelado e animación dixital. Para iso ímos traballar co aplicativo libre BLENDER. Os titoriais necesarios para facer esta práctica poden atoparse nesta ligazón:

MODELADO E TEXTURIZADO

RIGGING

ANIMACIÓN

CONDICIÓNS

A práctica consiste en modelar e animar o peluche feito na materia de VOLUME seguindo os seguintes pasos:

  • Modelado 3D das diferentes partes do corpo. Consultar cada caso co docente se é necesario facer os accesorios (pelo, roupa, rasgos faciais...).
  • Asignación de materiais e texturas para cada obxecto.
  • Modelado do esqueleto
  • Animación na que se mova unha parte do corpo. Exemplos:
    • Un saúdo coa man
    • Un saúdo coa cabeza
    • Un baile coa cintura

Ademáis, as persoas que rematen antes da data límite poderán engadir algunha mellora voluntaria como por exemplo:

  • Animación máis elaborada como por exemplo:
    • Camiñar
    • Bailar
    • Correr
  • Renderizado do vídeo onde se vexa a animación. Para iso cómpre:
    • Situar unha cámara e unha fonte de iluminación
    • Procesado da animación a formato MP4. TITORIAL
  • Engadir accesorios extra no modelado como:
    • Pelo
    • Roupa
    • Texturas realistas

FORMATO E ENTREGA:

  • A entrega consiste en subir os arquivos ó cartafol compartido de DRIVE:
    • Fotografía do peluche:
      • Feito na materia de Volume.
      • Peluche calqueira no caso de que non ter a materia de Volume.
    • Arquivo de blender
    • MP4 (únicamente no caso de ter exportado a animación na parte voluntaria)
  • Entrega na aula virtual cos seguintes apartados:
    • Nome do peluche
    • Ligazón ó cartafol compartido onde están os arquivos
    • Valoración persoal sobre o desenvolvemento do traballo.
DATA LÍMITE: Mércores 24 de Maio ás 14:15

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 punto
Valoración persoal: 1 punto
Modelado: 4 puntos
Animación: 2 puntos
Melloras voluntarias: 1 punto


jueves, 4 de mayo de 2023

Exames 3ª AVALIACIÓN

  • 1ºCD: Venres 12/05/23
  • 1ºE: Venres 12/05/23
  • 1ºF: Luns 22/05/23
  • 1ºG: Martes 16/05/23


 

martes, 25 de abril de 2023

Concurso DESEÑO LOGOTIPO

 Dende a cafetería do mercado de Adormideras convocan un concurso para o deseño do seu logotipo. Aquí vos deixo a información por se queredes participar.



viernes, 21 de abril de 2023

EFECTO CÁMARA LENTA

 Fixadevos neste videoclip e o efecto de cámara lenta que están a empregar:


Para realizalo cómpre:

  1. Gravar o vídeo escoitando o audio en velocidade x2
  2. Na edición superpoñer o audio orixinal da canción a velocidade normal
  3. Reducir a velocidade do video gravado a velocidade 50%
  4. Sincronizar o movemento dos beizos coa canción
Para entregar este traballo deberedes renomealo do seguinte xeito: cursoNome1Nome2...
Exemplo: Se Elsa e Ana son alumnas de 1bacG
1bacgElsaAna

Cartafol onde hai que subilo:

martes, 28 de marzo de 2023

MEISEL 93

No vindeiro mes de abril terá lugar a saída didáctica para ver a exposición de fotografía MEISEL 93. Aproveitaremos tamén para acudir á exposición da Fundación Barrié PROXECTO POLAROID


As datas e horarios son as seguintes:

LUNS 17 ABRIL

09:30

Saída dende o centro

10:00-11:00

MEISEL - 1ºBAC CD

POLAROID - 1ºBAC E

11.15-12.15

MEISEL - 1º BAC E

POLAROID - 1ºBAC CD

12:45

Chegada ó centro


MÉRCORES 19 ABRIL

09:30

Saída dende o centro

10:00-11:00

MEISEL - 1ºBAC F

POLAROID - 1ºBAC G

11.15-12.15

MEISEL - 1º BAC G

POLAROID - 1ºBAC F

12:45

Chegada ó centro


RECUPERACIÓN

ACLARACIÓNS SOBRE A RECUPERACIÓN DA MATERIA


AVALIACIÓN ORDINARIA

1ª e 2ª AVALIACIÓN

Para todo aquel alumnado que teña suspensa a 1ª ou 2ª avaliación a recuperación consiste en:

ENTREGAR OS TRABALLOS QUE TEÑAN NOTA INFERIOR A 5

Data límite: 16 de MAIO


3ª AVALIACIÓN

Unha vez rematada a 3ª avaliación farase o cálculo da nota media ponderando os 3 trimestres. Aquel alumnado que teña unha nota inferior a 5 poderá recuperar a materia nunha nova data onde deberá:
  • Presentar de novo os traballos con nota inferior a 5.
  • Facer unha proba escrita das avaliacións cos exames suspensos.

Data por definir


AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

O alumnado que non acade a nota de 5 na avaliación ordinaria terá dereito a facer unha nova proba de recuperación de todo o curso consistente únicamente nunha proba escrita dos contidos vistos durante o curso.

Data por definir

T10: Efectos especiais

Este traballo consiste na gravación e edición dunha pequena peza audiovisual na que se engandan efectos especiais dos seguintes tipos:

Para realizar este traballo os grupos serán ou ben individuais ou ben por parellas.

CONDICIÓNS

  • A duración non poderá exceder de 1 minuto
  • Sen diálogos nin son gravado en directo
  • Deberá engadirse algúnha música de fondo e opcionalmente efectos de son
  • Títulos
    • Título no inicio da peza
    • Créditos ó final

FORMATO E ENTREGA:

  • Formato de entrega:
    • MP4 cunha calidade mínima de 1080p (1920x1080)
  • Cada persoa integrante do grupo deberá facer a súa propia entrega na aula virtual cos seguintes apartados, que deberán ser redactados directamente na aula virtual:
    • Título da peza
    • Relación dos integrantes do grupo.
    • Valoración persoal sobre o desenvolvemento do traballo.
  • Ligazón ós arquivo subido ó cartafol compartido de Google Drive.
 
DATA LÍMITE: Venres 14 de Abril ás 23:59

 

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 puntos
Creatividade: 1 punto
Valoración persoal: 1 punto
Stop trick: 2 puntos
Doble exposición: 2 puntos
Split Screen: 2 puntos

 

miércoles, 22 de marzo de 2023

Catálogo de películas na biblioteca do centro

 Na seguinte ligazón podedes acceder ó catálogo de películas da biblioteca do centro.


jueves, 16 de marzo de 2023

Semana do cine galego

 Ao longo desta semana estase a celebrar a semana do cine galego con proxeccións gratuítas no Teatro Colón. 

Tedes toda a informacion no seguinte enlace



T9: Análise audiovisual. Cine dentro do cine.

 Este traballo consiste en facer unha análise audiovisual dunha largometraxe que fale da produción no cine. Para iso teredes que cubrir esta FICHA facendo previamente unha copia na vosa unidade de DRIVE premendo en INICIAR SESIÓN - ARCHIVO - HACER UNA COPIA



As proxeccións son as seguintes para cada grupo:
  • 1ºCD: Tesis
  • 1ºE: La noche americana
  • 1ºF: Ed Wood
  • 1ºG: Cantando bajo la lluvia
A entrega farase por medio da aula virtual seguindo as instrucións que alí aparecen

lunes, 6 de marzo de 2023

Exame 2ªAV 1ºBACF

O examen da 2ª Avaliación do grupo 1ºF será o xoves 9 ás 8:45. 

lunes, 27 de febrero de 2023

T8: Banda sonora

Neste traballo teredes que seleccionar unha escena ou secuencia de entre 30" e 60" dun filme mudo e editalo para engadirlle unha nova banda de son.

CONDICIÓNS

  • O traballo poderá ser realizado de forma individual ou por parellas (no caso que haxa diálogos)
  • A montaxe terá que ser realizada con algún dos programas de edición non lineal dispoñibles nos PC das aulas:
    • KDENLIVE
    • SHOTCUT
    • OPENSHOT

CONTIDO DO VÍDEO

  1. Título inicial co nome do filme mudo seleccionado
  2. Escena ou secuencia na que estea engadida a banda de son con alo menos 2 destes 3 tipos de son:
    • Música ambiental
    • Sons e ruidos diexéticos ou intradiexéticos
    • Diálogos, voces ou narración.
  3. Créditos finais nos que se indique:
    • Autoría
    • Recursos empregados
    • Programa empregado para facer a montaxe

FILMES SUXERIDOS:

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á DESCARGA DOS FILMES



FORMATO E ENTREGA:

  • O formato de entrega será por un lado:
    • MP4 cunha calidade mínima de 1080p (1920x1080)
    • Arquivo comprimido completo do proxecto
  • Cada persoa integrante do grupo deberá facer a súa propia entrega na aula virtual cos seguintes apartados, que deberán ser redactados directamente na aula virtual:
    • Título da peza
    • Relación dos integrantes do grupo e rol que desempeñou cadaquén.
    • Valoración persoal.
  • Ligazón ós arquivo subidos ó cartafol compartido de Google Drive.
DATA LÍMITE: Venres 10 de Marzo ás 23:59

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 puntos
Banda de son: 7 puntos
- Sincronización: 4 puntos
- Selección e calidade: 3 puntos
Valoración persoal: 1 punto

miércoles, 8 de febrero de 2023

V Concurso de Fotografía Matemática

 O departamento de MATEMÁTICAS do IES ADORMIDERAS convoca o V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.


O prazo de presentación estará aberta ata o 17 de Marzo. Dende a materia de CULTURA AUDIOVISUAL animamos a todas as persoas alumnas da materia a participar. Lembrade ler ben as bases.


BASES:

1. Participantes.

Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade educativa, en fase de exposición.


2. Tema.

O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións
(figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar, etc.).
As fotografías deberán ser orixinais e levar un título que faga referencia ao contido matemático.


3. Formato

As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera dos seus lados


4. Entrega de fotografías.

As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante. O título debe estar escrito en galego.

Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.

Terán que enviarse tamén por correo electrónico en formato JPG á dirección 

mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa.

Cada participante poderá facelo cun máximo de dúas fotografías.


5. Recollida e prazos

As fotografías entregaranse en conserxería. O prazo de recepción remata o venres 17 de marzo de 2023 ás 11:45 horas  


6. Premios.

Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato

As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas, Debuxo e Normalización.

Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido matemático do título.


1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €

2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €


Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do xurado é inapelable.


7. Uso das imaxes.

O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas en exposicións no centro ou fóra do mesmo.

Unha vez pasados 15 días despois do acto de entrega de premios os participantes poderán recoller as súas fotografías pedíndollelas aos membros do departamento de matemáticas.

Pasado este prazo as fotografías non reclamadas pasarán a disposición do departamento, podendo incluso ser destruídas.


viernes, 3 de febrero de 2023

T7: Personaxes

 Neste traballo teredes que elaborar un documento de texto no cartafol de DRIVE compartido con cada estudante de forma individual. Para acceder a este cartafol debedes iniciar sesión na vosa conta de GOOGLE DRIVE e no menú esquero premer no botón COMPARTIDOS COMIGO.


ELABORACIÓN

No documento teredes que completar 3 tarefas:

  1. ARQUETIPOS DE VOGLER: Buscar unha personaxe dunha película ou serie que cumpla con cada un dos arquetipos vistos en clase. Non se pode repetir película ou serie, é dicir, se poñedes o heroe de "Star Wars" xa non podedes poñer outra personaxe dese filme.
  2. ARCOS DE TRANSFORMACIÓN: Buscar unha personaxe dunha película ou seria que cumpla cos arcos de transformación de personaxe visto en clase. Igual que no punto anterior, non se pode repetir película ou serie dunha categoría a outra pero sí que se pode repetir entre arquetipos e arcos.
  3. VIAXE DO HEROE: Escoller unha película ou serie cunha narrativa acorde cos pasos da viaxe do heroe e explicar brevemente que momentos do filme se corresponden cos diferentes pasos.
ENTREGA

A entrega farase a través da aula virtual pegando a ligazón ó documento dentro do cartafol compartido de DRIVE. A data límite será o venres 10 de febreiro.

AVALIACIÓN
  • Formato e presentación: 1 punto
  • Arquetipos de Vogler: 3 puntos
  • Arcos de trasformación: 3 puntos
  • Viaxe do heroe: 3 puntos




jueves, 2 de febrero de 2023

Exames 2ª Avaliación

As datas para os exames da 2ª avaliación son as seguintes:

1ºCD: Luns, 27 de Febreiro. 9:35-10:25

1ºE: Venres, 3 de Marzo. 10:25-11:15

1ºF: Xoves, 9 de Marzo. 8:45-9:35

1ºG: Luns, 6 de Marzo. 8:45-9:35


¡Ánimo e moita sorte!



miércoles, 11 de enero de 2023

Taller ONLINE con el director OLIVER LAXE

Taller Online organizado desde el proyecto cultural La Plantación con el cineasta  OLIVER LAXE bajo el título: "Imagen, relato y ritmo. Un análisis dramatúrgico de mi filmografía", que tendrá lugar de manera Online através de la plataforma propia de La Plantación. Sábado 14 de enero a las 17 horas (hora de Madrid).
Inscripciones hasta el sábado 14 de enero a las 16:50 horas.

OLIVER LAXE
Crece entre Francia, España y Marruecos. Sus tres primeros largometrajes han sido estrenados y premiados en el Festival de Cannes. Lo que arde ha sido también candidata en cuatro categorías de los Premios Goya de 2019: Mejor Película, Mejor Director, Mejor Actriz Revelación y Mejor Película, logrando estos dos últimas. Oliver también dirige el centro cultural «Casa Quindós», ubicado en las montañas de Os Ancares. Lugo. Galicia. España.
Descripción del Taller:
Analizaremos dramaturgicamente mis tres largometrajes.
Veremos de qué manera el relato puede convertirse en un trampolín que haga que nuestras imágenes se sientan con más fuerza.
A través de ejemplos entenderemos las diferentes decisiones a la hora de equilibrar narración e imagen, a la hora de anteponer el ritmo y las proporciones a éstas.

Objetivos:

Conocer y experimentar mi enfoque personal, analizando mi filmografía.
Compartir mis metodologías y reflexiones con comentarios y visionados de mis películas.
Una oportunidad de intercambio y discusión útil, y de enriquecimiento profesional y personal de cada persona participante.

El taller está impartido por Oliver Laxe.

Dirigido a:

Este taller está dirigido a personas de cualquier edad y formación interesada en el cine.

Necesidades:

Haber visto alguna de mis películas.

Disponer de una conexión estable a internet, cámara y micrófono incorporados al ordenador para la vídeo sesión por ZOOM.

+ Info: info@laplantacion.info
T. +34692958529

------------------------------------------------------------------------------------------------------