lunes, 27 de febrero de 2023

T8: Banda sonora

Neste traballo teredes que seleccionar unha escena ou secuencia de entre 30" e 60" dun filme mudo e editalo para engadirlle unha nova banda de son.

CONDICIÓNS

  • O traballo poderá ser realizado de forma individual ou por parellas (no caso que haxa diálogos)
  • A montaxe terá que ser realizada con algún dos programas de edición non lineal dispoñibles nos PC das aulas:
    • KDENLIVE
    • SHOTCUT
    • OPENSHOT

CONTIDO DO VÍDEO

  1. Título inicial co nome do filme mudo seleccionado
  2. Escena ou secuencia na que estea engadida a banda de son con alo menos 2 destes 3 tipos de son:
    • Música ambiental
    • Sons e ruidos diexéticos ou intradiexéticos
    • Diálogos, voces ou narración.
  3. Créditos finais nos que se indique:
    • Autoría
    • Recursos empregados
    • Programa empregado para facer a montaxe

FILMES SUXERIDOS:

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á DESCARGA DOS FILMES



FORMATO E ENTREGA:

  • O formato de entrega será por un lado:
    • MP4 cunha calidade mínima de 1080p (1920x1080)
    • Arquivo comprimido completo do proxecto
  • Cada persoa integrante do grupo deberá facer a súa propia entrega na aula virtual cos seguintes apartados, que deberán ser redactados directamente na aula virtual:
    • Título da peza
    • Relación dos integrantes do grupo e rol que desempeñou cadaquén.
    • Valoración persoal.
  • Ligazón ós arquivo subidos ó cartafol compartido de Google Drive.
DATA LÍMITE: Venres 10 de Marzo ás 23:59

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 puntos
Banda de son: 7 puntos
- Sincronización: 4 puntos
- Selección e calidade: 3 puntos
Valoración persoal: 1 punto

miércoles, 8 de febrero de 2023

V Concurso de Fotografía Matemática

 O departamento de MATEMÁTICAS do IES ADORMIDERAS convoca o V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.


O prazo de presentación estará aberta ata o 17 de Marzo. Dende a materia de CULTURA AUDIOVISUAL animamos a todas as persoas alumnas da materia a participar. Lembrade ler ben as bases.


BASES:

1. Participantes.

Poderá participar o alumnado do IES Adormideras, en fase de concurso, e os demais membros da comunidade educativa, en fase de exposición.


2. Tema.

O tema das fotografías deberá estar relacionado co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións
(figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar, etc.).
As fotografías deberán ser orixinais e levar un título que faga referencia ao contido matemático.


3. Formato

As fotografías presentaranse en papel fotográfico cun tamaño mínimo de 15 cm e máximo de 25 cm en calquera dos seus lados


4. Entrega de fotografías.

As fotografías deben levar polo reverso o título e pseudónimo do participante. O título debe estar escrito en galego.

Introduciranse nun sobre xunto cun impreso de participación cuberto que se atopa en conserxería. No exterior do sobre irá o pseudónimo do autor ou autora.

Terán que enviarse tamén por correo electrónico en formato JPG á dirección 

mateadormideras@gmail.com indicando título, pseudónimo do participante e categoría na que participa.

Cada participante poderá facelo cun máximo de dúas fotografías.


5. Recollida e prazos

As fotografías entregaranse en conserxería. O prazo de recepción remata o venres 17 de marzo de 2023 ás 11:45 horas  


6. Premios.

Premiaranse 2 categorías: ESO e Bacharelato

As fotografías presentadas polo alumnado serán avaliadas polos membros dos Departamentos de Matemáticas, Debuxo e Normalización.

Teranse en conta para conceder os premios a calidade da fotografía e o contido matemático do título.


1º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 50 €

2º premio Libros, discos, material informático... ata un máximo de 30 €


Un mesmo alumno ou alumna non poderá acadar máis dun premio. O premio poderá quedar deserto. O fallo do xurado é inapelable.


7. Uso das imaxes.

O IES Adormideras resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas en exposicións no centro ou fóra do mesmo.

Unha vez pasados 15 días despois do acto de entrega de premios os participantes poderán recoller as súas fotografías pedíndollelas aos membros do departamento de matemáticas.

Pasado este prazo as fotografías non reclamadas pasarán a disposición do departamento, podendo incluso ser destruídas.


viernes, 3 de febrero de 2023

T7: Personaxes

 Neste traballo teredes que elaborar un documento de texto no cartafol de DRIVE compartido con cada estudante de forma individual. Para acceder a este cartafol debedes iniciar sesión na vosa conta de GOOGLE DRIVE e no menú esquero premer no botón COMPARTIDOS COMIGO.


ELABORACIÓN

No documento teredes que completar 3 tarefas:

  1. ARQUETIPOS DE VOGLER: Buscar unha personaxe dunha película ou serie que cumpla con cada un dos arquetipos vistos en clase. Non se pode repetir película ou serie, é dicir, se poñedes o heroe de "Star Wars" xa non podedes poñer outra personaxe dese filme.
  2. ARCOS DE TRANSFORMACIÓN: Buscar unha personaxe dunha película ou seria que cumpla cos arcos de transformación de personaxe visto en clase. Igual que no punto anterior, non se pode repetir película ou serie dunha categoría a outra pero sí que se pode repetir entre arquetipos e arcos.
  3. VIAXE DO HEROE: Escoller unha película ou serie cunha narrativa acorde cos pasos da viaxe do heroe e explicar brevemente que momentos do filme se corresponden cos diferentes pasos.
ENTREGA

A entrega farase a través da aula virtual pegando a ligazón ó documento dentro do cartafol compartido de DRIVE. A data límite será o venres 10 de febreiro.

AVALIACIÓN
  • Formato e presentación: 1 punto
  • Arquetipos de Vogler: 3 puntos
  • Arcos de trasformación: 3 puntos
  • Viaxe do heroe: 3 puntos




jueves, 2 de febrero de 2023

Exames 2ª Avaliación

As datas para os exames da 2ª avaliación son as seguintes:

1ºCD: Luns, 27 de Febreiro. 9:35-10:25

1ºE: Venres, 3 de Marzo. 10:25-11:15

1ºF: Xoves, 9 de Marzo. 8:45-9:35

1ºG: Luns, 6 de Marzo. 8:45-9:35


¡Ánimo e moita sorte!