AVALIACIÓN

Criterios de cualificación:

CUALIFICACIÓN POR AVALIACIÓN:

O grao de consecución dos criterios de avaliación das distintas unidades da materia establecerase a través de entregas de traballos teóricos e prácticos, dos que o alumnado coñecerá os indicadores de logro mediante rúbricas e comentarios orais, así como de probas teóricas escritas, cualificándose a nota do seguinte xeito:

- Traballos: 60%
- Proba escrita: 40%

TRABALLOS

Realizarase como mínimo un traballo por cada unidade didáctica e será puntuado de 0 a 10.

É importante que se cumpran as instrucións dadas pola persoa docente en canto a formato, técnicas, materiais, etc., e que as prácticas e propostas creativas sexan entregadas nas datas indicadas, xa que iso será tido en conta á hora da consecución dos indicadores de logro. Os traballos entregados fora de prazo verán reducida a súa calificación nun 50% e aqueles traballos entregados con máis dunha semana de retraso non serán avaliados e recibirán a calificación de 0.

PROBA ESCRITA

Realizarase como mínimo unha proba escrita por cada avaliación, onde o alumnado deberá demostrar a adquisición dos contidos. Ademais dos coñecementos obxectivos, terase en conta a adquisición do vocabulario específico da materia así como a corrección lingüística na expresión das ideas desenvolvidas. A valoración de cada cuestión de cada proba farase de acordo cos criterios de corrección que se establecerán ó inicio de cada unha delas. Cada proba valorarase de 0 a 10 puntos. A nota deste apartado será a media das cualificacións obtidas.

Se algún estudante fose descuberto facendo calqueira tipo de fraude no exame terá unha puntuación de 0 e, se é o caso, a repetición de dito exame realizarase en xuño.

CUALIFICACIÓN FINAL:
A nota final consistirá nunha media ponderada

Peso de cada avaliación na ponderación final: 

- 1a avaliación: 33%
- 2a avaliación: 33%
- 3a avaliación: 34%

Criterios de recuperación:

AVALIACIÓN ORDINARIA:

Unha vez avaliado todo o curso, o alumnado que non acadase unha nota mínima de 5 na ponderación das tres avaliacións terá unha nova data para:
- Realizar unha proba escrita de recuperación onde se avalie únicamente dos exames non superados.

- Entregar de novo os traballos cunha nota inferior a 5.
As notas acadadas nesta nova oportunidade sustituirán ás recibidas durante o curso para facer o cálculo da nota final ordinaria.

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:

O alumnado que non supere a materia en convocatoria ordinaria, poderá presentarse a unha proba de avaliación extraordinaria, que consistirá nunha proba escrita onde se avalíen todos os contidos tratados durante o curso:

- Proba escrita: 100%