NORMAS

NORMAS DE UTILIZACIÓN E DE ACCESO ÓS COMPUTADORES Ó LONGO DO CURSO


ACCESO ÓS COMPUTADORES


SISTEMA OPERATIVO LINUX:

O nome de usuario estará composto polo seu primeiro nome e o seu primeiro apelido. Exemplo: juanlopez (todo xunto e sen maiusculas. A clave de acceso deberá ser introducida posteriormente polo usuario)

NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:

  1. Os ordenadores utilizaranse únicamente para elaborar traballos en clase ou consultar informacions relacionadas coa materia. En caso contrario se lles pode retirar o uso de forma provisional ou definitiva, en función da gravedade da falta.
  2. Os ordenadores deben apagarse durante as proxeccións audiovisuais ou a requerimento da persoa docente, así como ao finalizar as clases. Si algún de estes aparecese encendido despois do horario lectivo procederase á cancelar á conta do usuario e borrar todo o seu contido.
  3. Os ordenadores deben manter o sonido apagado na clase.
  4. Non se pode cambiar a configuración do ordenador nin instalar ningún programa sin a autorización do profesor. Para calquera deficiencia ou consulta deben dirixirse ao profesor da materia. Aconséllase gardar calquer documento ou información na rede, ou nun medio físico portátil (pen-drive ou tarxeta de memoria).
  5. Os ordenadores están conectados a INTERNET a través dunha conexión por cable que non se debe modificar. Calquera fallo na conexión debe comunicárselle ao profesor da materia.
  6. A persoa alumna é responsable do ordenador no tempo no que o utilice e farase cargo dos desperfectos que provoque.



Fdo: o alumno

NORMAS DE FUNCIONAMIENTO

FOTOGRAFÍA E VÍDEO

  1. O alumnado de Cultura audiovisual 1 deberán dispoñer dunha cámara de fotografía e/o vídeo para realizar os traballos prácticos que se van a expor ao longo do curso. Tamén poderán utilizar teléfonos móbiles, así como calquera outro medio que lles permita gravar imaxes e sons, sempre que as circunstancias aconsélleno e sempre baixo a supervisión do profesor. 
  2. Os traballos de fotografía e vídeo presentaranse nun formato dixital, lexible e accesible a través de calquera computador, nos medios que se dispoñan (fundamentalmente Dropbox, Youtube ou similar) a través do acceso proporcionado polo profesor na aula. Se os traballos non son executables ou accesibles en calquera computador serán cualificados como non presentados.

ORDENADORES

  1. A aula de Cultura Audiovisual dispón de 30 computadores numerados consecutivamente do 195 ao 199 e do 201 ao 225.  
  2. Cada estudante dispoñerá dun acceso propio, co seu nome de usuario e clave, soamente no computador asignado. 
  3. En cada fila deben sentar 6 alumnos, por orde alfabética. 
  4. O alumando que así o desexe poderá traer o seu propio computador portátil a clase e proporcionaráselle un acceso wifi na aula. 
  5. Cada estudante deberá dispoñer dunha dirección de correo electrónico coa que deberá acceder aos servizos da internet.

TEORÍA

  1. Cada estudante deberá recoller os apuntamentos ditados na clase, así como os traballos elaborados, nun documento dixital en formato texto. 
  2. Estes apuntamentos servirán de base para as probas teóricas da materia que se realizarán cada trimestre. 
  3. Estes apuntamentos poderán completarse con información (en formato texto, audio, imaxe fixa ou vídeo) que se extraerá da internet ou a través de calquera outro medio informático.

CARTAFOL DE TRABALLOS 

  1. alumnado de Cultura audiovisual 1 deberán dispoñer dun cartafol de argolas ou similar na que presentarán As FICHAS DE ANALISIS AUDIOVISUAL e os TRABALLOS que se exporán ao longo do curso. 
  2. Dito cartafol debe ser exclusiva para a materia e estar identificada claramente na súa portada co nome da materia e do estudante, xunto co seu curso e número. Dita cartafol deberase presentar cada trimestre para a súa avaliación e será devolta con posterioridade a cada estudante. 
  3. Tamén se poden presentar estes traballos encadernados ou nun cartafol de fundas, sempre que as páxinas estean claramente expostas e visibles dunha nunha. En caso de non cumprirse estas normas a persoa alumna pode ser cualificada negativamente pola súa presentación.
 

BLOG DE CULTURA AUDIOVISUAL

Existe un blogue propio da materia, onde se irá dando información puntual do avance e os temas que se explican en clase. Podédela ver en:

http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com.es

Para calquera comunicación co profesor da materia podedes dirixirvos a:

*pendente de actualización