jueves, 18 de mayo de 2023

T11: Animación dixital

Este traballo consiste en facer unha pequena iniciación ó modelado e animación dixital. Para iso ímos traballar co aplicativo libre BLENDER. Os titoriais necesarios para facer esta práctica poden atoparse nesta ligazón:

MODELADO E TEXTURIZADO

RIGGING

ANIMACIÓN

CONDICIÓNS

A práctica consiste en modelar e animar o peluche feito na materia de VOLUME seguindo os seguintes pasos:

  • Modelado 3D das diferentes partes do corpo. Consultar cada caso co docente se é necesario facer os accesorios (pelo, roupa, rasgos faciais...).
  • Asignación de materiais e texturas para cada obxecto.
  • Modelado do esqueleto
  • Animación na que se mova unha parte do corpo. Exemplos:
    • Un saúdo coa man
    • Un saúdo coa cabeza
    • Un baile coa cintura

Ademáis, as persoas que rematen antes da data límite poderán engadir algunha mellora voluntaria como por exemplo:

  • Animación máis elaborada como por exemplo:
    • Camiñar
    • Bailar
    • Correr
  • Renderizado do vídeo onde se vexa a animación. Para iso cómpre:
    • Situar unha cámara e unha fonte de iluminación
    • Procesado da animación a formato MP4. TITORIAL
  • Engadir accesorios extra no modelado como:
    • Pelo
    • Roupa
    • Texturas realistas

FORMATO E ENTREGA:

  • A entrega consiste en subir os arquivos ó cartafol compartido de DRIVE:
    • Fotografía do peluche:
      • Feito na materia de Volume.
      • Peluche calqueira no caso de que non ter a materia de Volume.
    • Arquivo de blender
    • MP4 (únicamente no caso de ter exportado a animación na parte voluntaria)
  • Entrega na aula virtual cos seguintes apartados:
    • Nome do peluche
    • Ligazón ó cartafol compartido onde están os arquivos
    • Valoración persoal sobre o desenvolvemento do traballo.
DATA LÍMITE: Mércores 24 de Maio ás 14:15

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 punto
Valoración persoal: 1 punto
Modelado: 4 puntos
Animación: 2 puntos
Melloras voluntarias: 1 punto