jueves, 25 de mayo de 2023

RECUPERACIÓN ORDINARIA

 Unha vez rematadas todas as actividades avaliables, as persoas que non teñan o curso aprobado terán unha nova data para:

  • Entregar os traballos con nota inferior a 5 das avaliacións suspensas
  • Facer o exame únicamente das avaliacións suspensas

ENTREGAS DE TRABALLOS: (todos os grupos)

  • MARTES 30 de MAIO ás 23:59

EXAMES:

  • 1ºCD: Xoves 1 de Xuño
  • 1ºE: Xoves 1 Xuño
  • 1ºF: Mércores  31 de Maio
  • 1ºG: Mércores  31 de Maio

Moito ánimo que xa non queda nada

jueves, 18 de mayo de 2023

T11: Animación dixital

Este traballo consiste en facer unha pequena iniciación ó modelado e animación dixital. Para iso ímos traballar co aplicativo libre BLENDER. Os titoriais necesarios para facer esta práctica poden atoparse nesta ligazón:

MODELADO E TEXTURIZADO

RIGGING

ANIMACIÓN

CONDICIÓNS

A práctica consiste en modelar e animar o peluche feito na materia de VOLUME seguindo os seguintes pasos:

  • Modelado 3D das diferentes partes do corpo. Consultar cada caso co docente se é necesario facer os accesorios (pelo, roupa, rasgos faciais...).
  • Asignación de materiais e texturas para cada obxecto.
  • Modelado do esqueleto
  • Animación na que se mova unha parte do corpo. Exemplos:
    • Un saúdo coa man
    • Un saúdo coa cabeza
    • Un baile coa cintura

Ademáis, as persoas que rematen antes da data límite poderán engadir algunha mellora voluntaria como por exemplo:

  • Animación máis elaborada como por exemplo:
    • Camiñar
    • Bailar
    • Correr
  • Renderizado do vídeo onde se vexa a animación. Para iso cómpre:
    • Situar unha cámara e unha fonte de iluminación
    • Procesado da animación a formato MP4. TITORIAL
  • Engadir accesorios extra no modelado como:
    • Pelo
    • Roupa
    • Texturas realistas

FORMATO E ENTREGA:

  • A entrega consiste en subir os arquivos ó cartafol compartido de DRIVE:
    • Fotografía do peluche:
      • Feito na materia de Volume.
      • Peluche calqueira no caso de que non ter a materia de Volume.
    • Arquivo de blender
    • MP4 (únicamente no caso de ter exportado a animación na parte voluntaria)
  • Entrega na aula virtual cos seguintes apartados:
    • Nome do peluche
    • Ligazón ó cartafol compartido onde están os arquivos
    • Valoración persoal sobre o desenvolvemento do traballo.
DATA LÍMITE: Mércores 24 de Maio ás 14:15

AVALIACIÓN:

Formato e presentación: 2 punto
Valoración persoal: 1 punto
Modelado: 4 puntos
Animación: 2 puntos
Melloras voluntarias: 1 punto


jueves, 4 de mayo de 2023

Exames 3ª AVALIACIÓN

  • 1ºCD: Venres 12/05/23
  • 1ºE: Venres 12/05/23
  • 1ºF: Luns 22/05/23
  • 1ºG: Martes 16/05/23


 

martes, 25 de abril de 2023

Concurso DESEÑO LOGOTIPO

 Dende a cafetería do mercado de Adormideras convocan un concurso para o deseño do seu logotipo. Aquí vos deixo a información por se queredes participar.



viernes, 21 de abril de 2023

EFECTO CÁMARA LENTA

 Fixadevos neste videoclip e o efecto de cámara lenta que están a empregar:


Para realizalo cómpre:

  1. Gravar o vídeo escoitando o audio en velocidade x2
  2. Na edición superpoñer o audio orixinal da canción a velocidade normal
  3. Reducir a velocidade do video gravado a velocidade 50%
  4. Sincronizar o movemento dos beizos coa canción
Para entregar este traballo deberedes renomealo do seguinte xeito: cursoNome1Nome2...
Exemplo: Se Elsa e Ana son alumnas de 1bacG
1bacgElsaAna

Cartafol onde hai que subilo: