jueves, 8 de septiembre de 2022

T0: Traballo inicial

DESCRICIÓN

O primeiro traballo deste curso consistirá na elección de TRES IMAXES que representen algo da vosa personalidade, dos vosos gustos ou algo que vos defina.  

O tipo de imaxes que podedes escoller é libre: fotografías feitas por vós ou que saiades vós, o logotipo dun grupo de música que vos encanta, un solpor no lugar onde pasastes as mellores vacacións da vosa vida, o cartel do concerto no que coñecestes á vosa parella, unha fotografía da vosa comida favorita, unha imane do voso libro favorito ou do voso recuncho especial, etc... Cada persoa pode profundizar ata onde queira e compartir únicamente aquilo no que se sinta cómoda. 

FORMATO DE ENTREGA

Unha vez que teñades as imaxes seleccionadas teredes que unilas nun ÚNICO ARQUIVO PDF. Para iso podedes usar o aplicativo web www.ilovepdf.com usando a esta opción:

Co arquivo descargado en formato PDF teredes que nomealo do seguinte xeito:

clase - Primeiro apelido - Nome - Número de traballo

Exemplo:

Íñigo Montoya que cursa 1º de bacharelato E e entrega o traballo 0 tería que nomear o arquivo como:

1eMontoyaIñigoT0.pdf

ENTREGA DIXITAL

A entrega farase de xeito dixital clicando AQUÍ

EXPOSICIÓN

Unha vez se entreguen os traballos cada persoa terá que explicar en público de forma breve os motivos que lle levaron a escoller esas tres imaxes.

DATA LÍMITE

A data límite será determinada polo docente en cada grupo.