Elaboración dunha peza audiovisual na que o emprego da cor na narrativa siga algúns dos exemplos vistos nas sesións teóricas.
Para a realización deste traballo o alumnado deberá ter especial coidado no emprego da cor segundo estes aspectos:
- Psicoloxía da cor
- Narrativa:
- Combinacións cromáticas (monocromáticas, análogas, complementarias, triadas)
- Significado (transicional, asociativo, discordante)
CONDICIÓNS:
- O traballo poderá desenvolverse de forma individual ou en grupos de máximo 4 persoas.
- A duración mínima é de 1 minuto e a máxima de 2.
- Deberá aparecer o título da peza no inicio e os créditos ó final.
- Nos creditos deberán citarse todos os participantes (xunto co rol desenvolvido) e os medios empregados (imaxes, música, etc.)
- Só se poderán empregar medios audiovisuais libres de dereitos.
- O programa recomendados para a edición son os que están dispoñíbles nos PC da aula (Shotcut, Kdenlive, OpenShot). Aceptarase o uso doutros programas sempre que non se vexa afectada a calidade e non aparezan marcas de auga.
TEMÁTICA:
- 1ºCD: Adaptación dunha canción ou videoclip
- 1ºE: Adaptación dunha banda deseñada
- 1ºF: Adaptación dun clásico da mitoloxía
- 1ºG: Adaptación dun fragmento dunha obra literaria
FORMATO E ENTREGA:
- O formato de entrega será MP4 cunha calidade mínima de 1080p (1920x1080)
- Cada persoa integrante do grupo deberá facer a súa propia entrega na aula virtual cos seguintes apartados, que deberán ser redactados directamente na aula virtual:
- Título da peza
- Relación dos integrantes do grupo e rol que desempeñou cadaquén.
- Valoración persoal sobre o uso da cor na peza e a experiencia de realización da tarefa.
- Ligazón ó arquivo subido a Google Drive
- Data límite: Mediados de febreiro
Formato e presentación: 2 puntos
Adaptación á temática e creatividade: 2 puntos
Emprego da cor: 5 puntos
Valoración persoal: 1 puntos