lunes, 24 de octubre de 2022

Convite ao obradoiro VIDEOCREACIÓN A PARTIR DE ELEMENTOS DA NATUREZA

Achegamos unha información que chegou ó centro por se é de interese do alumnado da materia:


Dende CORREVEYDILE convidamos aos seus estudantes a participar no obradoiro VIDEOCREACIÓN A PARTIR DE ELEMENTOS DA NATUREZA, impartido por Bego M. Santiago en Vilar de Barrio o domingo día 30 de outubro en horario de 12h a 14h e de 16h a 22h.

Bego M Santiago  é unha artista visual interdisciplinar, especializada no uso da luz como ferramenta pictórica e escultórica. O seu traballo explora a retroalimentación entre o real e o representado, a través de binomios como: real/falso, presenza/ausencia e orixinal/copia. Para ela, a luz é unha ferramenta de simulación e ilusión óptica capaz de dar vida a obxectos inanimados, difuminando os límites entre a realidade e a conciencia.
Nas súas obras utiliza todos os medios que lle ofrece a tecnoloxía, sen renunciar ás técnicas tradicionais, á pintura e á escultura.

O obradoiro que impartirá en RESIDENCIAS CREATIVAS NO CAMIÑO está dirixido a persoas interesadas no ámbito audiovisual, así como artistas e deseñadores que desexen iniciar ou reforzar os seus coñecementos de control de vídeo no espazo ou video-mapping. Esta técnica ten aplicacións prácticas no ámbito do cine expandido, a videoinstalación ou a escenografía audiovisual. Aínda que non é imprescindible, é recomendable ter uns coñecementos mínimos de edición de vídeo. Os participantes poderán presentar os seus proxectos durante o obradoiro a través do seu propio material a través de sketches, imaxes, vídeos, textos, etc.

Para máis información ou facer o rexistro na actividade pódese empregar o seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdNBFrqqJB5ELf2NMfjVuM8q7utOwWQFiz1vkVcHHSbVUywpA/viewform?usp=sf_link