DESCRICIÓN
Neste traballo ímos realizar duas tarefas:
A: Escoller a unha persoa fotógrafa de recoñecido prestixio e levar a cabo unha pequena investigación sobre a súa vida e a súa obra.
B: Seleccionar unha das fotografías máis famosas da persoa escollida e reinterpretala usando para iso o contexto da persoa que realiza o traballo.
FORMATO
Deberá entregarse un único documento A4 en formato PDF do seguinte xeito:
- Portada onde se indique: Nome e apelidos, clase, curso académico, nome da materia, título do traballo e unha imaxe ilustrativa.
- Parte A: 1 páxina de extensión
- Parte B: 2 páxinas de extensión
- Fotografía orixinal e fotografía reinterpretada. 1 páxina
- Valoración persoal sobre o artista e a interpretación que fixeches da súa fotografía. 1 páxina
ENTREGA
A entrega farase pola Aula virtual.
Data límite: 17 de outubro ás 23:59
Nome do arquivo:
clase - Primeiro apelido - Nome - Número de traballo
Exemplo: Íñigo Montoya que cursa 1º de bacharelato E e entrega o traballo 0 tería que nomear o arquivo como:1eMontoyaIñigoT0.pdf
AVALIACIÓN
Parte A: 40%
- Reseña biográfica 20%
- Reseña artística 20%
Parte B: 40%
- Interpretación da fotografía 20%
- Valoración persoal 20%
Corrección nos formatos e a entrega: 20%
RECURSOS
Aquí tes algúns enlaces para coñecer a máis persoas fotógrafas de recoñecido prestixio:
- CHEMA MADOZ
- LAS 15 FOTÓGRAFAS FAMOSAS DE LA HISTORIA MÁS IMPORTANTES DENTRO DEL MUNDO DEL ARTE
- ESTOS SON (PROBABLEMENTE) LOS 50 MEJORES FOTÓGRAFOS DE LA HISTORIA (PARTE I)
- ESTOS SON (PROBABLEMENTE) LOS 50 MEJORES FOTÓGRAFOS DE LA HISTORIA (PARTE II)
- LOS MEJORES FOTÓGRAFOS DEL MUNDO Y DE LA HISTORIA QUE DEBERÍAS CONOCER