GRUPOS QUE ENTREGUEN A PEZA AUDIOVISUAL O LUNS 24 DE OUTUBRO
Para a entrega das pezas audiovisuais correspondentes ó concurso da consellería contra a violencia de xénero deberedes enviar o enlace por correo á seguinte dirección:
CORREO: david.antuna@iesadormideras.es
ASUNTO: Concurso 25N
MENSAXE: Deberedes indicar a seguinte información:
- Título do vídeo
- Clase
- Nome dos integrantes do grupo especificando o rol que tiveron durante o proxecto e a clase
- Enlace a unha plataforma onde se poida visualizar e descargar o vídeo (recomendable empregar as carpetas que tedes compartidas co docente en Google Drive)
- Memoria breve, na que se explique como se realizou o traballo e, o máis importante, na que se expoña o significado que se procura transmitir a través da composición realizada (máx. 1000 palabras).
VIDEO: Terá que cumprir con todos os requisitos técnicos que veñen nas bases do concurso, concretamente no punto 4 e ademáis:
- Orientación horizontal
- Calidade recomendada 1080p (mínima 720p)
- Extensión MP4
Unha vez recibidos todos os videos procederáse a seleccionar a peza que representará ó centro no concurso.
GRUPOS QUE NON ENTREGUEN A PEZA O LUNS 24 DE OUTUBRO:
Poderán seguir elaborando o vídeo ata a data final de entrega que será o día 7 de NOVEMBRO de 2022